search instagram arrow-down

Novas

Presidencia

Ernesto Vázquez-Rey Farto, presidente.

Ernesto Vázquez-Rey

Ernesto Vázquez-Rey (© Miguel Vidal)

Pontevedra, 1987. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e Procurador dos Tribunais no Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra. Actualmente realiza a súa tese de doutoramento sobre a aplicación e o desenvolvemento xurídico-administrativo da Lei de Memoria Histórica nas entidades locais galegas, na Universidade da Coruña.

No eido cultural, é o presidente da Fundación Malvar, institución que conserva o legado familiar fundado polo que foi Arcebispo de Santiago de Compostela, Frei Sebastián Malvar e Pinto, sendo vicepresidente e secretario xeral da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, entidade adicada á investigación cultural.

Ocupou distintos cargos en órganos colexiados nas universidades da Coruña e Vigo, tendo formado parte do proceso de acreditación da ACSUG (Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia) perante a ENQA (European association for quality assurance in higher education) e participando no Programa Docentia, orientado á avaliación da calidade  do profesorado universitario. Actualmente é membro da Comisión de seguimento do Plano de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

No ámbito académico as súas liñas de investigación céntranse na protección xurídica do patrimonio cultural, así como na súa divulgación, e na análise dos diversos mecanismos de xustiza transicional como forma de resolución de conflitos nos procesos de recuperación da chamada “Memoria Histórica”.

Ademáis, é o Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, entidade que promove a investigación e difusión do legado de Alexandre Bóveda Iglesias, destacado político galeguista do século XX asasinado no alzamento militar de 1936.

Redes sociais ↓

24aaffa670e634a7da9a087bfa83abe6PgpnXhhhLKr2FxzU

Redes académicas e profesionais ↓

dMVBZTiA Dialnet2000px-Google_-G-_Logo.svg CBpFkPaz orcid_128x128 ResearcherID