search instagram arrow-down

Novas

Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade

Por acordo do I Plenaro extraordinario da Asociación da Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, celebrado o 21 de maio de 2016, creóuse -entre outras- a Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade, coa encarga de investigar, elevar informes e promover actividades relacionadas coa Memoria Democrática e calquera outros ámbitos sociais que conforman ou recollen as ideas propias dunha autoría individual ou dunha corrente de pensamento.

Compoñen a Mesa da Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade, ao abeiro do disposto nos Estatutos da entidade:

Ernesto Vázquez-Rey, como coordinador, e Eloy Martínez, como vogal e secretario.