search instagram arrow-down

Novas

Secretaría xeral

Jorge Barrecheguren Fernández, secretario xeral.

DSC08759_Fotor

Jorge Barrecheguren (© AMUPo)

Vigo, 1988. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coas orientacións de Historia Contemporánea e Historia de América. Especialista en Arquivos pola UNED e a Fundación Carlos de Amberes, traballa como arquiveiro e historiador.

Compaxina a súa actividade profesional, desenvolvida en diversos centros documentais, coa labor divulgativa e investigadora, colaborando co Atlántico Diario de Vigo dende o ano 2016, onde publica artigos de difusión histórica centrados na cidade de Vigo. Ademáis da historia local o fenómeno indiano convértese en outro dos seus temas predilectos de investigación, sendo autor da iniciativa “Morriña de Cuba, Proyecto Palmera“, que trata de catalogar as palmeiras canarias máis antigas de Galicia como reacción ao avance da praga do Picudo Vermello.

É autor de diversos textos e artigos, entre os que destaca o libro “CZFV, 70 años en 70 imágenes“, publicado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo no setenta aniversario do seu nacemento.

Redes sociais ↓

LKr2FxzU

Redes profesionais ↓

CBpFkPaz