search instagram arrow-down

Novas

Vicepresidencia

 

Eloy Martínez Soto, vicepresidente.

Eloy Martínez

Eloy Martínez (© Miguel Vidal)

Moaña, 1988. Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, cursando Storia e Conservazione dei Patrimonio Archeologico na Università degli studi di Roma Tre. Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria e Bacherelato e Mestrado en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais na propia Universidade de Vigo, tendo realizado numerosos cursos de fotogrametría e modelado 3D aplicados á arqueoloxía.

No eido da Arqueoloxía, traballou en varias excavacións arqueolóxicas en Galicia -factoría romana de salazón da Praza de Compostela, Vigo; Roma (Coliseo) e Macedonia (Bylazora)-. Tamén traballou como docente de Ciencias Sociais no Colexio Santo Ángel de Ourense durante o periodo de prácticas do Mestrado para o Profesorado en Educación Secundaria e Bacherelato.

Foi bolseiro do Museo de Pontevedra entre 2015 e 2016. Neste tempo traballou como conservador de fondos arqueolóxicos e iniciou un proxecto que ten como obxectivo a virtualización de parte dos fondos arqueolóxicos do museo e a súa divulgación nas redes sociais a partires da creación dun museo virtual. 

Actualmente adica os seus esforzos á investigación, virtualización e divulgación do extenso patrimonio arqueolóxico existente en Galicia, entre outras ocupacións.

Redes académicas e profesionais ↓

dMVBZTiA Dialnet CBpFkPaz