search instagram arrow-down

Novas

Comisión de Publicacións

_H9A9078 copiaSantiago Piñeiro Edreira, coordinador da Comisión de Publicacións.

Cangas do Morrazo, 1990. Cursou parte da Licenciatura en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, continuando a súa formación académica en Manchester.

Nos meses de xuño a decembro de 2012 realizou prácticas académicas no equipo de didáctica do Museo Eugenio Granell, en Santiago de Compostela. Entre 2013 e 2014 foi asistente do grupo artístico Kònic Thtr, na exposición Procesalia 2013, onde tamén foi guía da mostra; e ao tempo, entre 2012 e 2014 foi comisario e asistente á Dirección da Galería Espacio 48, na capital galega.

Actualmente, dende marzo de 2016, dirixe o colectivo artístico e comisarial The Arts Union, en Manchester, que compaxina coa actividade da Fundación Malvar, da que é padroeiro.

dMVBZTiA   24aaffa670e634a7da9a087bfa83abe6  PgpnXhhh  CBpFkPazLKr2FxzU


Composición da Comisión de Publicacións:

A AMUPo terá unha Comisión de Publicacións, con carácter permanente, formada polas persoas membros do Consello Reitor e un amigo ou amiga, nomeada polo Plenario a proposta do Consello Reitor, que a Coordinará.

(Artigo 71.1 dos Estatutos)

Advertisements