search instagram arrow-down

Novas

Sección de Patrimonio e Bens Culturais

13533049_10208617380104145_681528129035641154_n 2Ángel Arcay Barral, coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais. 

Betanzos, 1988. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Historia e Patrimonio pola Universidade do Porto; realizando a súa Tese de Mestrado no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, baixo o título Os arquivos de familia en Galiza e Portugal: o caso dos Malvar.

No eido cultural é o Vicepresidente 1º da Fundación Malvar e preside a Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, na cal dirixe o seu Arquivo; sendo anteriormente arquiveiro e bibliotecario no Centro de Documentaçâo do Teatro Nacional Sâo Joâo de Porto.

Entre os anos 2009 e 2012 foi estudante en prácticas no Arquivo e Biblioteca Municipal de Betanzos e no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), desenvolvendo distintas investigacións históricas. Posteriormente ampliou a súa formación como bolseiro no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (2014/2015) e na Rede Museística Provincial de Lugo (2015).

Actualmente cursa o Ciclo Superior de Técnico en guía, información e asistencias turísticas e ademáis, é o investigador principal do proxecto A Cociña do Palacete, que recopila o amplísimo receitario das irmáns Concha e María Mendoza Babiano, sobriñas netas do Contralmirante Casto Méndez Núñez.

dMVBZTiA   24aaffa670e634a7da9a087bfa83abe6  PgpnXhhh  CBpFkPazLKr2FxzU

Advertisements