search instagram arrow-down

Novas

Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade

_MG_4836Enrique Portela Pisos, coordinador da Sección de Pensamento, Memoria e Sociedade.

Cuntis, 1988. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialidade en Historia Contemporánea. Mestrado en Profesorado de Ensino Secundario e Bacharelato e Ensino de Idiomas, co Traballo Fin de Mestrado titulado A novela histórica como recurso didáctico. Un exemplo práctico no ensino da Segunda Guerra Mundial e Mestrado Interuniversitario en Historia Contemporánea, co Traballo Fin de Mestrado baixo o título A construcción do Movimiento na provincia de Pontevedra durante a Guerra Civil; ambos pola mesma Universidade de Santiago de Compostela.

Entre 2008 e 2014 foi colaborador no Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces e encargado da catalogación do Fondo documental do Pazo de Rubiáns, como bolseiro no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra.

Colaborador de varias publicacións, ten escrito artigos de investigación para A Taboada, revista das Asociacións culturais A Cabana e O Meigallo, e Murguía, Revista Galega de Historia.

Actualmente, dende as eleccións municipais de 2015, é o concelleiro responsábel de Cultura e Patrimonio no Concello de Cuntis.

Advertisements