search instagram arrow-down

Novas

Secretaría xeral

_H9A9062 copiaErnesto Vázquez-Rey e Farto, secretario xeral.

Pontevedra, 1987. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, cursando Procesos electorais, asesoría e representación xurídico-electoral en España na Universidad Pablo de Olavide. Actualmente estuda o Grao en Dirección e Xestión Pública na Universidade de Vigo e realiza os traballos previos para o desenvolvemento da súa tese de doutoramento sobre o Patrimonio Cultural na Universidade da Coruña.

No eido cultural, é o Presidente da Fundación Malvar, institución que conserva o legado familiar fundado polo que foi Arcebispo de Santiago de Compostela, Frei Sebastián Malvar e Pinto, sendo secretario xeral da Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, entidade adicada á investigación cultural.

Ocupou distintos cargos en órganos colexiados na Universidade da Coruña, tendo formado parte do proceso de acreditación da ACSUG (Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia) perante a ENQA (European association for quality assurance in higher education) e participando no Programa Docentia, orientado á avaliación da calidade  do profesorado universitario. Actualmente fai parte do Claustro Universitario e do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, en representación do Campus de Pontevedra.

Ademáis, é o Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, entidade que promove a investigación e difusión do legado de Alexandre Bóveda Iglesias, destacado político galeguista do século XX asasinado no alzamento militar de 1936.

dMVBZTiA   24aaffa670e634a7da9a087bfa83abe6   PgpnXhhh   CBpFkPaz   LKr2FxzU


Corresponde á Secretaría Xeral as seguintes funcións:

  1. Autorizar, co visto e prace da Presidenta, as actas das sesións do Plenario, do Consello Reitor, das Seccións e das Comisións delegadas que se creen, así como calquera outro órgano que exista dentro da AMUPo.
  2. Computar o resultado das votacións.
  3. Autorizar as certificacións que teñan que expedirse, consignando o oportuno cotexado e conforme.
  4. Asistir á Presidencia nas sesións para asegurar a orde nos debates e a corrección das votacións.
  5. Colaborar no desenvolvemento normal dos traballos da AMUPo, segundo as disposicións da Presidencia.
  6. Recibir e tramitar as solicitudes de ingreso, levar o libro de rexistro de amigas e amigos e ter ao seu cargo os traballos administrativos da entidade.
  7. Notificar as convocatorias dos órganos colexiados.
  8. Levar o inventario dos bens da AMUPo, nun libro establecido ao efecto.
  9. Representar á AMUPo perante calquera organismo público e provado, así como asumir a coordinación da AMUPo con outras institucións ou organizacións, de ser o caso.
  10. Exercer, ademáis, calquera outras funcións que lle encomende a Presidencia ou o Consello Reitor.

(Artigo 25 dos Estatutos)

Advertisements