FÁITE AMIGA/O

As Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo) dispoñemos de varias vías de colaboración para quen desexe contribuír á protección, investigación e difusión do patrimonio vencellado ao Museo de Pontevedra:

— Pode ser Amiga ou Amigo do Museo de Pontevedra calquera persoa física.

A que te obriga?

– A facer unha doazón de 15 € anuais.

Que recibes a cambio?

– Un carné de Amiga ou Amigo do Museo de Pontevedra.

– Un carné da Federación Española de Amigos dos Museos (FEAM), coas vantaxes asociadas.

– Unha publicación anual da AMUPo.

– Recoñeceremos a túa achega na nosa páxina web, se nos autorizas.

← Back

A túa mensaxe enviouse