Política de intercambio

Dentro da política de intercambio con distintas institucións académicas e científicas, nacionais e internacionais, a Revista Quórum foi remitida ás bibliotecas das seguintes institucións:


Dentro de la política de intercambio con distintas instituciones académicas y científicas, nacionales e internacionales, la Revista Quórum ha sido remitida a las bibliotecas de las siguientes instituciones:

Archivo Histórico de Protocolos de Madrid

Arquivo do Concello de Pontevedra

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Biblioteca Nacional de España

Bibliothèque Nationale de France

Museo de Pontevedra

New York University

Real Academia Española

Real Academia Galega

The Library of Congress

Universidad de Sevilla

Universidade da Coruña

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Vigo

Universidade do Porto

Universitat d’Andorra

Université de Genève

A AMUPo colabora no acto de homenaxe a Antonio Odriozola

A piques de se cumprir o 32 aniversario do pasamento de Antonio Odriozola Pietas (1911-1987), o salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolleu na tarde de onte o acto de homenaxe titulado: “30 anos sen Antonio Odriozola. Vixencia do seu legado”.

Homenaxe Odriozola
Cartel da homenaxe a Antonio Odriozola (© AMUPo)

O acto, promovido e organizado pola Asociación de Amigos de Antonio Odriozola e a AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo), contou coa colaboración da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra e de Hifas da Terra.

De esquerda a dereita: Ernesto Vázquez-Rey, Guillermo Campos, Carlos Valle e Francisco J. Fernández de Ana Magán. (© Gustavo Santos / Faro de Vigo)

As tres intervencións da mesa -a cargo de Francisco J. Fernández de Ana Magán, Guillermo Campos Piñón e Carlos Valle Pérez– versaron sobre as diversas facetas vitais e profesionais de Odriozola e conduciron a xornada a través das propias vivencias e da relación persoal co homenaxeado e, tamén, coa súa viúva, Dolores Casalderrey.

A paixón pola bibliografía especializada en materia gastronómica, litúrxica, micolóxica ou biolóxica de Odriozola foi o que permitiu que o Museo de Pontevedra conserve na súa biblioteca un inmenso legado material que se mantivo íntegro, grazas ás xestións do propio Guillermo Campos, de Alfonso Zulueta de Haz e de Carlos Valle, recentemente nomeado -ao tempo- director do Museo, coa viúva de Odriozola, en 1988. Esta recibíu unha pensión vitalicia a cambio da entrega ao Museo de Pontevedra de toda a colección.

No propio acto o presidente da Asociación de Amigos de Antonio Odriozola e da AGAXET, Guillermo Campos, anunciou a creación dun Seminario Antonio Odriozola, que de xeito permanente inserte na programación cultural pequenas xornadas de reflexión e divulgación das diversas facetas estudadas por Antonio Odriozola. “A este respecto, a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra poderá prestar a súa colaboración, en función da nosa propia programación, de sermos convidados a participar pola AGAXET e a Asociación de Amigos de Antonio Odriozola; xa que a eles corresponde a oportuna programación e organización”, como indicou Ernesto Vázquez-Rey, presidente da entidade, que actuou como moderador da mesa no acto de homenaxe, nos días previos ao mesmo.

Ao tempo, o presidente da AMUPo lembrou a especial vinculación de Antonio Odriozola co padroado do Museo de Pontevedra, no que ingresou en 1967, e agradeceu -especialmente- a participación no acto do ex director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, apuntando que “é unha persoa sen a cal non se entendería a cultura deste país” e que “non pasará moito tempo para saber a perda que supón para todos nós non ter gozado del, como director do Museo, durante máis tempo”.

A AMUPo constitúe a súa Sección de Patrimonio e Bens Culturais

A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra bota a andar a súa Sección de Patrimonio e Bens Culturais; órgano creado para a investigación, catalogación, estudo e difusión do patrimonio cultural, non só do Museo de Pontevedra, senón no ámbito galego.

Pazo de Lourizán (© Juan Mejuto)
Pazo de Lourizán (Pontevedra). © Juan Mejuto

Neste sentido, na súa sesión constitutiva a Sección pretende crear un relatorio que analice a situación actual do Pazo de Lourizán (Pontevedra) e que debulle as medidas para a súa conservación e posíbeis usos a curto e medio prazo.

Coordinada por Ángel Arcay, tamén contará con Eloy Martínez (vogal) e Ernesto Vázquez-Rey (secretario), como membros da Mesa da Sección. Asimesmo, agardan obter o apoio do deputado provincial nacionalista, delegado en materia de Cultura na Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, ao que a AMUPo convidará para participar nos traballos do relatorio, unha vez constituído.