O Parque do Pasatempo: conservar 1/7 do legado

O pasado mércores, na Sala de Madeira do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Sara Fraga Pérez impartíu a segunda conferencia do Congreso sobre Patrimonio Cultural que está a celebrar a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, en colaboración coa ACFI Julián Malvar.

Sara Fraga, historiadora e membro da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo de Betanzos, relatou a orixe e evolución da obra do indiano Juan García Naveira e o incumprimento normativo na falla de conservación do histórico Parque enciclopédico, baixo o título “O Parque do Pasatempo: conservar 1/7 do legado“.

O resultado da súa investigación será publicado no vindeiro número de Quórum: Revista de Artes, Letras e Ciencias Sociais e Xurídicas.

This slideshow requires JavaScript.

Referencias de prensa:

— “Conferencia. Segunda sesión del Congreso sobre Patrimonio Cultural“, Diario de Pontevedra, 04/07/2019, páx. 59, edición impresa.

— “La historiadora betanceira Sara Fraga lleva El Pasatiempo a Pontevedra“, El Ideal Gallego, 05/07/2019, páx. 16, edición impresa.

— “Presentan un estudio sobre O Pasatempo en un Congreso de Patrimonio“, La Opinión, 05/07/2019, páx. 14, edición impresa.

— “A betanceira Sara Fraga leva o Parque do Pasatempo a Pontevedra“, Xornal de Betanzos,05/07/2019, edición web.