O Concello de Castro Caldelas asume unha recomendación da Valedora do Pobo, por intervención da AMUPo

O Concello de Castro Caldelas (Ourense) vén de aceptar unha recomendación feita pola Valedora do Pobo, dona Milagros Otero, sobre a conservación do Castelo de Castro Caldelas; inmoble que fora declarado BIC, por Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, o 14 de maio de 1997, após a súa cesión para uso público pola Casa de Alba.

Castelo de Castro Caldelas (Ourense) © HombreDHojalata
Vista do Castelo de Castro Caldelas (Ourense). © HombreDHojalata

Esta recomendación pon fin a un expediente de denuncia efectuada polo secretario da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra -AMUPo-, Ernesto Vázquez-Rey, quen solicitou a intervención da institución do Valedor do Pobo dado o mal estado de conservación dalgunhas zonas do Castelo, así como para chamar á atención sobre os materiais empregados nas súas distintas fases de restauración; non gardando, nos máis dos casos, nin a máis mínima sensibilidade estética para co conxunto patrimonial.

Seguir lendo “O Concello de Castro Caldelas asume unha recomendación da Valedora do Pobo, por intervención da AMUPo”