Ernesto Vázquez-Rey

Pontevedra, 1987. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e Procurador dos Tribunais.

No eido cultural preside a Fundación Malvar, institución que conserva o legado familiar fundado polo que foi arcebispo de Santiago de Compostela, Frei Sebastián Malvar e Pinto, así como a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra.

Ocupou distintos cargos en órganos colexiados nas Universidades da Coruña e Vigo, tendo formado parte do proceso de acreditación da ACSUG (Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia) perante a ENQA (European association for quality assurance in higher education) e participando no Programa Docentia, orientado á avaliación da calidade  do profesorado universitario.

No ámbito académico as súas liñas de investigación céntranse na protección xurídica do patrimonio cultural, así como na súa divulgación, e na análise dos diversos mecanismos de xustiza transicional como forma de resolución de conflitos nos procesos de recuperación da chamada “Memoria Histórica”.


Pontevedra, 1987. Licenciado en Derecho por la Universidade da Coruña y Procurador de los Tribunales.

En el ámbito cultural preside la Fundación Malvar, institución que conserva el legado familiar fundado por el que fue arzobispo de Santiago de Compostela, Frei Sebastián Malvar y Pinto, así como la Asociación de Amigas y Amigos del Museo de Pontevedra.

Ocupó distintos cargos en órganos colegiados en las Universidades de A Coruña y Vigo, habiendo formado parte del proceso de acreditación de la ACSUG (Agencia para la calidad del sistema universitario de Galicia) ante la ENQA (European association for quality assurance in higher education) y participando en el Programa Docentia, orientado a la evaluación de la calidad  del profesorado universitario.

En el ámbito académico sus líneas de investigación se centran en la protección jurídica del patrimonio cultural, así como en su divulgación, y en el análisis de los diversos mecanismos de justicia transicional como forma de resolución de conflitos en los procesos de recuperación de la llamada “Memoria Histórica”.

María Ángeles Fuentes Loureiro

María Ángeles Fuentes Loureiro

María Ángeles Fuentes Loureiro é investigadora en Dereito Penal na Universidade da Coruña. Membro do Consello de redacción de Quórum: Revista de Artes, Letras, Ciencias Sociais e Xurídicas, a súa investigación principal céntrase nos delitos contra o medio ambiente, especialmente naqueles relacionados co tratamento dos residuos. Outras liñas de investigación nas que traballa son a Criminoloxía verde, a delincuencia económica e a corrupción.


María Ángeles Fuentes Loureiro es investigadora en Derecho Penal en la Universidade da Coruña. Miembro del Consejo de redacción de Quórum: Revista de Artes, Letras e Ciencias Sociais e Xurídicas, su investigación principal se centra en los delitos contra el medio ambiente, especialmente en aquellos relacionados con el tratamiento de los residuos. Otras líneas de investigación en las que trabaja son la Criminología verde, la delincuencia económica y la corrupción.

A AMUPo celebra o primeiro Congreso sobre Patrimonio Cultural

A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Cultural e de Fomento da Investigación Julián Malvar, organizará o primeiro Congreso sobre Patrimonio Cultural para o ano 2019.

Baixo a dirección dos investigadores das Universidades da Coruña e Vigo, Ernesto Vázquez-Rey e Mª Teresa Del Préstamo, o Congreso contará co seguinte aval académico:

Secretaría académica:

Noelia Collado Rodríguez, investigadora na Área de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

Comité científico:

Cristina Alonso Salgado, investigadora na Área de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela.

Ángel Arcay Barral, historiador e arquiveiro.

Jorge Barrecheguren Fernández, historiador e arquiveiro.

Noelia Collado Rodríguez, investigadora na Área de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

Mª Teresa Del Préstamo Landín, investigadora na Área de Literatura Española da Universidade de Vigo.

Mª Ángeles Fuentes Loureiro, investigadora na Área de Dereito Penal da Universidade da Coruña.

Jorge Martín Dopico, investigador na Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña.

Silvia Rodríguez López, investigadora na Área de Dereito Penal da Universidade da Coruña.

Ernesto Vázquez-Rey Farto, investigador na Área de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

Para a celebración desta actividade solicitarase axuda á Deputación Provincial de Pontevedra, dentro da convocatoria de axudas para o Ano da Música.

O pase de diapositivas require JavaScript.