Palacete Méndez Núñez

O espazo web das Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra acolle un micrositio sobre un dos edificios históricos máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, cuxa familia fomentou e participou da vida cultural dos séculos XIX e XX: o Palacete dos Méndez Núñez, finalmente coñecido como Palacete das Mendoza, pola influencia social das últimas sucesoras habitantes da casona.