A AMUPo solicita a intervención da RAGBA para a proteccion de Lourizán

img-20170126-wa0002
Vázquez-Rey na RAGBA. (Foto: AMUPo)

O secretario xeral da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo), Ernesto Vázquez-Rey, entrevistóuse co secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario (RAGBA), Felipe-Senén López Gómez, para solicitar a intervención da institución no relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán que a AMUPo ten en marcha dende o 23 de setembro de 2016.

A Real Academia Galega das Belas Artes da Nosa Señora do Rosario é unha das institucións consultivas da Administración en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, polo que no ámbito das súas competencias a AMUPo solicitou manter coa academia unha estreita relación informativa, consultiva e asesora para a defensa, conservación e restauración do Pazo de Lourizán e o seu entorno.

Pasamento de don Fernando Acuña Castroviejo

RAGBA
© Foto: Xurxo Lobato (RAGBA)

A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo) queremos manifestar o noso fondo pesar polo pasamento de don Fernando Acuña Castroviejo, esta mesma mañá.

Continue reading “Pasamento de don Fernando Acuña Castroviejo”