
O secretario xeral da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo), Ernesto Vázquez-Rey, entrevistóuse co secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario (RAGBA), Felipe-Senén López Gómez, para solicitar a intervención da institución no relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán que a AMUPo ten en marcha dende o 23 de setembro de 2016.
A Real Academia Galega das Belas Artes da Nosa Señora do Rosario é unha das institucións consultivas da Administración en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, polo que no ámbito das súas competencias a AMUPo solicitou manter coa academia unha estreita relación informativa, consultiva e asesora para a defensa, conservación e restauración do Pazo de Lourizán e o seu entorno.