
A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo) queremos manifestar o noso fondo pesar polo pasamento de don Fernando Acuña Castroviejo, esta mesma mañá.
Acuña Castroviejo era Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro da Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, correspondente da Real Academia Galega, académico da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía da Real Academia Galega de Belas Artes e Vicepresidente do Padroado do Museo de Pobo Galego.
Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, destacando especialmente en mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática.
Que a terra lle sexa leve.