A AMUPo felicita a decisión de renomear como ‘Edificio Castelao’ o Sexto Edificio do Museo

O Consello reitor da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo) congratúlase pola decisión tomada polo Consello asesor do Museo de Pontevedra o pasado 4 de novembro, de cambiar a denominación do Sexto Edificio da institución cultural polo de Edificio Castelao, segundo manifestaron no día de hoxe o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e o actual director do Museo.

Cabe lembrar que no marco do “Ano Castelao“, foron exactamente os mesmos motivos de relevancia artística e política -en relación á creación do Museo- os que levaron ás Amigas e Amigos do Museo a aprobar unha proposta no mesmo sentido en decembro de 2016, trasladando tal petición á Deputación provincial de Pontevedra quen, naquela altura desbotou a súa tramitación.

Foron diversos os personaxes propostos, con igual mérito, para seren merecentes de dar nome ao sexto edificio. Con todo, segundo o anunciado agora pola institución provincial, será Castelao quen o faga, seguíndose a mesma tramitación polo pleno proposta pola AMUPo catro anos atrás.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2021.


Composición da mesma proposta con catro anos de diferenza, a partir das novas de PontevedraViva.