A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra bota a andar a súa Sección de Patrimonio e Bens Culturais; órgano creado para a investigación, catalogación, estudo e difusión do patrimonio cultural, non só do Museo de Pontevedra, senón no ámbito galego.

Neste sentido, na súa sesión constitutiva a Sección pretende crear un relatorio que analice a situación actual do Pazo de Lourizán (Pontevedra) e que debulle as medidas para a súa conservación e posíbeis usos a curto e medio prazo.
Coordinada por Ángel Arcay, tamén contará con Eloy Martínez (vogal) e Ernesto Vázquez-Rey (secretario), como membros da Mesa da Sección. Asimesmo, agardan obter o apoio do deputado provincial nacionalista, delegado en materia de Cultura na Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, ao que a AMUPo convidará para participar nos traballos do relatorio, unha vez constituído.