Cunha sucinta conversa, nun tren de Pontevedra a Madrid, entre Daniel de la Sota e Francisco Javier Sánchez Cantón, se fraguou o que logo se coñecería internacionalmente como o Museo de Pontevedra.
Nun pequeno fragmento manuscrito do legado Sánchez Cantón consérvase unha explicación de como Daniel de la Sota, ao tempo presidente da Deputación provincial de Pontevedra, impulsou decididamente a creación da institución museística, axudado por grandes personalidades como Casto Sampedro, Antón Losada Diéguez, Alfonso Daniel R. Castelao e o propio Sánchez Cantón, naquela altura, subdirector do madrileño Museo del Prado.
Neste Día Internacional do Patrimonio Mundial, no que se conmemora a sinatura en París, en 1972, a Convención sobre o Patrimonio Mundial Cultural e Natural, dende a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra queremos reivindicar o importantísimo legado cultural que chegou ata os nosos días e facer partícipe a toda a sociedade da responsabilidade de transmitilo ás xeracións futuras, co mesmo discurso primixénio de cultura local, con vocación universal. Ese foi -e é-, sen dúbida, o sinal de identidade do Museo de Pontevedra.
A continuación reproducimos o texto completo: