A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra incorpora ao seu apartado de publicacións a obra titulada “Relación xurada e valorada de todos os bens restantes ao falecemento de D. Valentín García Escudero“, na que a entidade colaborou co selo editorial Obarrio Montenegro Editora en 2022.
O traballo, da autoría de Ernesto Vázquez-Rey, transcribe parte do expediente de Facenda sobre a herdanza do notario e político pontevedrés, Valentín García Escudero, completándoo cunhas notas biográficas do histórico personaxe que poden consultarse no Dicionario biográfico web.
Indizada no repositorio virtual Zenodo, a publicación está en acceso aberto para consulta e descarga dende o apartado de publicacións da web da AMUPo.