[Galego]
PERIODICIDADE E ÁREAS TEMÁTICAS:
Quórum: Revista de Artes, Letras e Ciencias Sociais e Xurídicas é unha publicación científica anual que acolle traballos científicos inéditos de tódalas materias relacionadas coas Artes, as Humanidades e as Ciencias Sociais e Xurídicas.
TRABALLOS:
Publicaranse traballos orixinais e inéditos; non obstante, excepcionalmente, poderanse reeditar traballos que conten cun interese especial para as temáticas da revista. Non se aceptarán para a súa valoración traballos que estean en proceso de ser aceptados para outra publicación.
PRESENTACIÓN:
Os traballos serán presentados por correo electrónico dentro do proceso de recepción de orixinais aberto para cada número á dirección: revistaquorum@amupontevedra.gal.
IDIOMAS:
Os traballos poderán presentarse en galego, castelán ou portugués.
FORMATO:
A extensión máxima fixada para os traballos en cada unha das seccións será a seguinte:
• Artigos doutrinais / Artigos de investigación: 30 páxinas.
• Artigos de divulgación / Comunicacións: 5 páxinas.
• Comentarios de xurisprudencia: 15 páxinas.
• Recensións: 10 páxinas.
• Fontes: axustado á fonte achegada.
Excepcionalmente, en atención ao posíbel interese e calidade do contido do traballo achegado, poderán admitirse traballos que excedan os límites sinalados de extensión máxina.
A extensión máxima contarase sen as imaxes ou ilustracións do texto.
Os orixinais deberán ser escritos en letra Times New Roman, tamaño 12 no texto, e 10 nas notas ao pé de páxina, cun espazo interlineado de 1,5.
O sistema de citas será o estilo Harvard.
Os orixinais deberán contar cun título, o nome e apelidos da persoa autora, a súa filiación institucional ou profesional e, de ser o caso, a universidade á que está vinculada. Debaixo do título deberá incluírse un breve resumo e cinco palabras chave que definan o traballo. Tanto o resumo como as palabras chave serán presentadas en galego, castelán e inglés.
Nun documento a parte, deberán aparecer os datos da persoa autora: nome e apelidos, correo electrónico, filiación académica ou profesional e unha breve descrición biográfica acompañada, opcionalmente, dunha fotografía da persoa autora para ser engadida ao apartado de “Colaboradoras” da web da revista. A descrición biográfica será requirida, alomenos, na primeira colaboración.
A Bibliografía aparecerá ao final do texto, ordenada alfabéticamente por autorías e dentro de cada autoría seguirá unha orde cronolóxica.
• Para libros: APELIDOS, Nome. Título, Lugar de edición, Editorial, Ano.
• Para artigos: APELIDOS, Nome. “Título do artigo” en Título da Revista, Número, Lugar de edición, Editorial, Ano, Páxinas.
• Para capítulo de libro: APELIDOS, Nome. “Título do capítulo” en APELIDOS, Nome. Título do libro, Lugar de edición, Editorial, Ano, Páxinas.
• Para notas de prensa: “Título da nota ou da imaxe” en Título da publicación, data, número, páxina.
• Para fotografías: APELIDOS, Nome (Ano). Título da fotografía. Medidas. Fondo.
• Para cadros: APELIDOS, Nome (Ano). Título da obra. Material, medidas. Fondo.
IMAXES:
As imaxes empregadas serán de autoría propia, estarán suxeitas a Creative Commons ou virán acompañadas do consentimento da persoa autora para a súa publicación, no caso de ser os dereitos dunha terceira persoa. Os formatos preferidos serán TIFF ou PNG e a resolución mínima esixida será de 300 ppp. De non contar coa resolución óptima poderán ser desbotadas para ilustrar o artigo.
As imaxes non aparecerán no texto enviado, senón que se enviarán adxuntas no correo electrónico, cunha sinalización númerica (Fig.1, Fig.2, etc.) no traballo para que o equipo de deseño coñeza a súa disposición.
DIFUSIÓN:
Tódolos traballos presentados estarán indexados e dispoñíbeis en plataformas de acceso libre.
DEREITOS:
As persoas autoras sempre serán as titulares dos dereitos de autor dos seus textos, porén, non será esixíbel ningún tipo de remuneración económica á revista.
REVISIÓN:
Será decisión do Consello Científico consultado, a publicación definitiva de cada traballo, tratando sempre de corrixir xunto coa persoa autora todas aquelas grallas ou incorreccións que sexan advertidas.
Os orixinais serán avaliados por dous expertos externos á revista, mediante un sistema de dobre cego, sendo anónimo o proceso tanto para a persoa autora como para quen a avalíe.
A revista comprométese a adoptar unha decisión sobre a publicación de orixinais nun prazo de seis meses, reservándose o dereito de publicación no prazo de un ano, dependendo sempre das necesidades da revista.
O Consello de Redacción da revista contactará coas persoas avaliadoras ás que lles remitirá unha copia do texto sen indicio directo da identidade da persoa autora e un modelo de informe no que se poida avaliar o contido do orixinal, os aspectos formais, a calidade do texto, a clasificación tipolóxica na que se debe encadrar e un veredicto no que se aconselle ou non a súa publicación ou a súa corrección. Estes datos poden ser enviados á persoa autora, de forma anónima, para o seu coñecemento e para favorecer as eventuais modificacións.
CORRECCIÓN E EDICIÓN:
A Revista Quórum conta cun Consello de Redacción que revisará tódolos textos e poderá propoñer modificacións nos mesmos ás persoas autoras, que disporán dun prazo máximo de quince días para solventar as incorreccións indicadas. Non se permitirán cambios substanciais con respecto do texto entregado inicialmente.
O feito de participar na revista, garante a aceptación e o cumplimento das presentes normas e, en todo caso, o contido das opinións expresadas polas persoas autoras nos seus traballos será responsabilidade, exclusivamente, daquelas.
[Castellano]
PERIODICIDAD Y ÁREAS TEMÁTICAS:
Quórum: Revista de Artes, Letras e Ciencias Sociais e Xurídicas es una publicación científica anual que acoge trabajos científicos inéditos de todas las materias relacionadas con las Artes, las Humanidades y las Ciencias Sociales y Jurídicas.
TRABAJOS:
Se publicarán trabajos originales e inéditos; no obstante, excepcionalmente, se podrán reeditar trabajos que cuenten con un interés especial para las temáticas de la revista. No se aceptarán para su valoración trabajos que estén en proceso de ser aceptados para otra publicación.
PRESENTACIÓN:
Los trabajos serán presentados por correo electrónico dentro del proceso de recepción de originales abierto para cada número a la dirección: revistaquorum@amupontevedra.gal.
IDIOMAS:
Los trabajos podrán presentarse en gallego, castellano o portugués.
FORMATO:
La extensión máxima fijada para los trabajos en cada una de las secciones será la siguiente:
• Artículos doctrinales / Artículos de investigación: 30 páginas.
• Artículos de divulgación / Comunicaciones: 5 páginas.
• Comentarios de jurisprudencia: 15 páginas.
• Recensiones: 10 páginas.
• Fuentes: ajustado a la fuente aportada.
Excepcionalmente, en atención al posible interés y calidad del contenido del trabajo aportado, podrán admitirse trabajos que excedan los límites señalados de extensión máxina.
La extensión máxima se contará sin las imágenes o ilustraciones del texto.
Los originales deberán ser escritos en letra Times New Roman, tamaño 12 en el texto, y 10 en las notas al pié de página, con un espacio interlineado de 1,5.
El sistema de citas será el estilo Harvard.
Los originales deberán contar con un título, el nombre y apellidos de la persona autora, su filiación institucional o profesional y, de ser el caso, la universidad a la que está vinculada. Debajo del título deberá incluirse un breve resúmen y cinco palabras clave que definan el trabajo. Tanto el resúmen como las palabras clave serán presentadas en gallego, castellano e inglés.
En un documento a parte, deberán aparecer los datos de la persona autora: nombre y apellidos, correo electrónico, filiación académica o profesional y una breve descripción biográfica acompañada, opcionalmente, de una fotografía de la persona autora para ser añadida al apartado de “Colaboradoras” de la web de la revista. La descripción biográfica será requerida, por lo menos, en la primera colaboración.
La Bibliografía aparecerá al final del texto, ordenada alfabéticamente por autorías y dentro de cada autoría seguirá un orden cronológico.
• Para libros: APELLIDOS, Nombre. Título, Lugar de edición, Editorial, Año.
• Para artículos: APELLIDOS, Nombre. “Título del artículo” en Título de la Revista, Número, Lugar de edición, Editorial, Año, Páginas.
• Para capítulo de libro: APELLIDOS, Nombre. “Título del capítulo” en APELLIDOS, Nombre. Título del libro, Lugar de edición, Editorial, Año, Páginas.
• Para notas de prensa: “Título de la nota o de la imágen” en Título de la publicación, fecha, número, página.
• Para fotografías: APELLIDOS, Nombre (Año). Título de la fotografía. Medidas. Fondo.
• Para cuadros: APELLIDOS, Nombre (Año). Título de la obra. Material, medidas. Fondo.
IMÁGENES:
Las imágenes utilizadas serán de autoría propia, estarán sujetas a Creative Commons o vendrán acompañadas del consentimiento de la persona autora para su publicación, en el caso de ser los derechos de una tercera persona. Los formatos preferidos serán TIFF o PNG y la resolución mínima esigida será de 300 ppp. De no contar con la resolución óptima podrán ser descartadas para ilustrar el artículo.
Las imágenes no aparecerán en el texto enviado, sinó que se enviarán adjuntas en el correo electrónico, con una señalización númerica (Fig.1, Fig.2, etc.) en el trabajo para que el equipo de diseño conozca su disposición.
DIFUSIÓN:
Todos los trabajos presentados estarán indexados y disponibles en plataformas de acceso libre.
DERECHOS:
Las personas autoras siempre serán las titulares de los derechos de autor de sus textos, no obstante, no será exigible ningún tipo de remuneración económica a la revista.
REVISIÓN:
Será decisión del Consejo Científico consultado, la publicación definitiva de cada trabajo, tratando siempre de corregir junto con la persona autora todas aquellas erratas o incorrecciones que sean advertidas.
Los originales serán evaluados por dos expertos externos a la revista, mediante un sistema de doble ciego, siendo anónimo el proceso tanto para la persona autora como para quien la evalúe.
La revista se compromete a adoptar una decisión sobre la publicación de originales en un plazo de seis meses, reservándose el derecho de publicación en el plazo de un año, dependiendo siempre de las necesidades de la revista.
El Consejo de Redacción de la revista contactará con las personas evaluadoras a las que les remitirá una copia del texto sin indicio directo de la identidad de la persona autora y un modelo de informe en el que se pueda evaluar el contenido del original, los aspectos formales, la calidad del texto, la clasificación tipológica en la que se debe encuadrar y un veredicto en el que se aconseje o non su publicación o su corrección. Estos datos pueden ser enviados a la persona autora, de forma anónima, para su conocimiento y para favorecer las eventuales modificaciones.
CORRECCIÓN Y EDICIÓN:
La Revista Quórum cuenta con un Consejo de Redacción que revisará todos los textos y podrá proponer modificaciones en los mismos a las personas autoras, que dispondrán de un plazo máximo de quince días para solventar las incorrecciones indicadas. No se permitirán cambios substanciales con respecto al texto entregado inicialmente.
El hecho de participar en la revista, garante la aceptación y el cumplimiento de las presentes normas y, en todo caso, el contenido de las opiniones expresadas por las personas autoras en sus trabajos será responsabilidad, exclusivamente, de aquellas.